Cartera Porta Placa Ertzaintza |
Fabricado en piel de vacuno |
enpieldeubrique.com |
MODIFICACIÓN DAS BASES ESPECÍFICAS DA POLICÍA LOCAL OEP 2010-2011Anuncio do acordo relativo á rectificación das bases específicas da convocatoria de prazas de policía local
A Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria e urxente do día 14 de outubro de 2016, adoptou acordo relativo á modificación das Bases Reitoras Específicas da convocatoria correspondente a vinte e tres prazas de policía local (dezaoito pola quenda libre e cinco por mobilidade horizontal), publicadas no BOP nº 240 de 18 de decembro de 2013 e no DOG nº 245, do 24 de decembro, así como unha primeira modificación das mesmas no BOP nº 128, de 7 de xullo de 2015 e no DOG nº 182, de 23 de setembro de 2015, incluídas na Oferta de Emprego Público correspondente aos anos 2010-2011:
“Primeiro.—Proceder á modificación do apartado b) da Base IV.1 -Condicións dos e das aspirantes-, das bases específicas reitoras da convocatoria para a cobertura de 23 prazas de policía, 18 delas pola quenda libre e 5 por concurso pola quenda de mobilidade horizontal para o acceso dende outros corpos da policía local da CCAA de Galicia, que pasa a contar coa seguinte redacción: “
Superar os 18 anos de idade e, para o caso dos/das aspirantes que se presenten pola quenda de mobilidade horizontal, faltar como mínimo 12 anos para pasar á situación de segunda actividade con destino por razón da idade”.
Segundo.—Proceder á modificación do apartado e) da Base IV.1 -Condicións dos e das aspirantes-, das bases específicas reitoras da convocatoria para a cobertura de 23 prazas de policía, 18 delas pola quenda libre e 5 por concurso pola quenda de mobilidade horizontal para o acceso dende outros corpos da policía local da CCAA de Galicia, que pasa a contar coa seguinte redacción: “
Ser titular dos permisos de conducir das clases A2 e B, segundo disposto no Decreto 77/2010, de 29 de abril, polo que se modifica o Decreto 243/2008, do 16 de outubro, que desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais. Deberase achegar copia compulsada dos ditos permisos”.
Terceiro.—Proceder á modificación do apartado i) da Base IV.1 -Condicións dos e das aspirantes-, das bases específicas reitoras da convocatoria para a cobertura de 23 prazas de policía, 18 delas pola quenda libre e 5 por concurso pola quenda de mobilidade horizontal para o acceso dende outros corpos da policía local da CCAA de Galicia, que pasa a contar coa seguinte redacción: “
Os aspirantes ás prazas de Policía Local definitivamente admitidos deberán presentar perante o Órgano de Selección, na data de realización do primeiro exercicio (probas físicas), certificado médico expedido en impreso oficial e asinado por colexiado en exercicio e, que non superará un máximo de tres meses dende a súa expedición, ao obxecto de acreditar a aptitude física, e no que se faga constar expresamente que o/a aspirante reúne as aptitudes psicofísicas (condicións físicas e sanitarias) necesarias e suficientes para a realización dos exercicios físicos que figuran especificados na correspondente proba da oposición, o que non excluirá as comprobacións posteriores do que se reflicte no certificado médico. Non se admitirán certificados que non se axusten na súa redacción a estes conceptos (ANEXO IV das Bases). A non presentación do referido certificado suporá a exclusión do aspirante do proceso selectivo.”
Cuarto.—Acordar que as referidas modificacións se publiquen no Boletín Oficial da Provincia, no Diario Oficial de Galicia e e no Taboleiro de Editos da Casa do Concello, sen prexuízo da publicación do seu anuncio nos diarios e boletíns oficiais en que proceda, na prensa local e na páxina web municipal
www.vigo.org”.
Contra o presente acordo poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo de 1 mes a contar dende o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, ou ben recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Vigo, no prazo de 2 meses dende o día seguinte ao da notificación ou publicación do acto administrativo firme, nos supostos, termos e condicións do previsto nos artigos 8, 25 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa.
Vigo, 17 de outubro de 2016.—O Concelleiro-Delegado da Área de Xestión Municipal e Persoal (Decreto de Alcaldía e Acordo da XGL de 19/06/2015), Javier Pardo Espiñeira.
http://www.boppo.depo.es/web/boppo/deta ... 2016039904