|
8000 productos al mejor precio |
desenfunda.com |
COMUNICADO CIG
Desde a CIG Servizos xa tomamos unha decisión moi clara. Non imos asinar nengún ERE, nengún descolgue salarial, nengún convenio de empresa, nengunha reforma do convenio que non vale abso-lutamente para nada.
E que lle quede claro a todo o sector, incluido aos afiliados e delegados da CIG, que asinar ou apoiar estas medidas na sua empresa implica a expulsión automática do noso sindicato, polo tanto xa é me-llor se asinan algo que non o fagan como CIG, por-que serán denunciados xudicialmente por nós.
Nunca entregaremos sen loitar os nosos direitos.
CIG SERVIZOS INFORMA
Como imos facer frente a esta situación?. Nós só temos unha resposta, a loita. Como se fixo hai máis de cen anos para conseguir a xornada se-manal de 40 horas. A como sempre loitou a Cla-se Traballadora consciente e combativa. Con constancia, firmeza, dureza e claridade.
Se queren quitarnos os direitos desta volta, acabarán por facelo. Pero non sen pagar unha peaxe por iso. Van sufrir en cada descolgue, en cada convenio de em-presa, en cada despido. E vailles custar car-tos nas suas empresas e nos seus clientes.
E que se lembren, que o vento hoxe sopla do seu lado, pero mañán ou pasado seguro que cambiará, porque sempre cambia. E até ese mo-mento, haberá loita sindical no sector. E nos terán en-cima facendolles daño, ate que chegue o momento de recuperar o perdido e ampliar direitos.
A loita iniciase agora, e durará até recuperar o noso.
Estamos fartos xa de tanta loita interna entre sindi-catos. Desde agora, actuaremos como Asemblea de Traballadores de Seguridade Privada en Loita. Non imos agardar por ninguén. Imos simplemente a ac-tuar. Levaremos ás ruas as nosas reivindicacións, a defensa do noso pan diario. Quen queira que se sume. Somos traballadores moi cabreados.
Este venres 11 de xanei-ro do 2013, traballado-res da seguridade priva-da cortaron cunha barri-cada de lume a saida dos blindados de Prosegur Coruña. Son as fotos deste panfleto. Con esta acción, iníciase unha campaña que vai ser moi longa no tempo. Que se vaian preparando os de APROSER e compañía. Vai a haber moito máis.
O vindeiro luns 21 de xaneiro, sae unha comitiva de traballadores do sector desde o Cebreiro, para facer por quendas diarias o Camiño de Santiago. É unha marcha a pé en defensa do sector. Pola dignidade laboral na seguridade privada. Aberta a que partici-pe quen queira. Nós xa nos puxemos a andar. Che-garemos a Compostela o sábado 26 de xaneiro, e as 17:30 horas faremos unha chourizada pública sen pan na praza do Obradoiro. Porque non hai pan pa-ra tanto chourizo, como os de ESABE, SEQUOR, Prosenorsa, Prosegur, etc.
Para anotarse a alguna etapa, chama aos locais da CIG Servizos. Ánimo e moita loita!!!.